sábado, 29 de noviembre de 2014

Zapatillas de casa para o inverno

Zapatillas de casa cerradas e descalzas

Chega o frío inverno. Se queres ter os pés confortables, nada mellor que unhas zapatillas de casa cómodas e quentiñas.
Temos zapatillas para todos os da familia, pequenos incluídos.
E para as máis frioleras, mirade o modelo da marca Nordikas, feitas con lá por dentro e por fora (quentísimas).

Zapatillas para nenos e nenas


Zapatillas de casa de lá "por dentro e por fora, quentiisimassss!!!"


Podedes ver o resto de modelos dispoñibles na nosa galería online :

sábado, 22 de noviembre de 2014

Como eliminar o mal olor dos zapatos


Dámosche cinco consellos para saber como eliminar o mal olor dos zapatos.
O sudor dos pés pode ocasionar que os zapatos teñan mal olor. O mellor é solucionar os dous problemas ó mesmo tempo, porque non serve de nada eliminar o olor do calzado se non eliminamos tamén o olor dos pés.

Consellos para eliminar o mal olor do calzado :


1. Coloca un anaco de carbón vexetal dentro das zapatillas e o olor desaparecerá ó cabo dunhas horas.

2. Espolvorea os zapatos con talco todas as noites. Tamén podes aplicar bicarbonato ou sal, pero retíraos antes de poñer os zapatos.

3. Non uses o mismo calzado todos os días, colócao nalgún lugar onde se poda ventilar.

4. Outra fórmula é colocar dentro do calzado, follas de salvia seca ou flores de lavanda. Quitarán o mal olor e perfumarán os zapatos.

5. A limpeza do calzado é fundamental. Se queres aprender como facelo, neste outro artigo ensinámosche a facelo : Como limpiar o calzado.

E se non queres estar pasando todos estos traballos continuamente, o mellor é protexer o teu calzado :

Consellos da man de Calzados Broz. A túa tenda de calzado en Melide.

domingo, 2 de noviembre de 2014

Como protexer o calzado


protexer calzado


¿Queres protexer o teu calzado?

Non o fagas de calquera forma. Explicámosche como protexer os diferentes tipos de calzado :


spray impermeabilizante

Protección do calzado con nobuck e serraxes

Usaremos un spray impermeabilizante. Podedes conseguilos en zapaterías e supermercados.
Non aptos para microfibras (polipel)
Comprade mellor os que son incoloros.
*** As veces, dependendo da marca, estos sprays poden oscurecer un pouco o tono do zapato. Tedes que valorar se preferides evitar a suciedade ou manchas nos zapatos ou queredes conservar o color orixinal deles.


crema hidratante para protexer calzado de pel

Protección do calzado de pel

Para protexer este tipo de calzadado, nada mellor que a crema hidratante normal. Canto máis barata e máis grasa teña, mellor.

Consellos da man de Calzados Broz. A túa tenda de calzado en Melide.